Ferretería · Electricidade · IluminaciónOs Rosales, A Coruña

A tenda

Ao teu lado, nos Rosales.

Un pequeno comercio de barrio para as grandes e pequenas necesidades da casa.

Produtos no escaparate da tenda +kLed

+kLed

Entra. Seguro que hai algo que che sorprende.

En +kLed atoparás ferretería, electricidade, iluminación e artigos para o fogar. O noso local é pequeno; a variedade de produtos, moito maior do que parece.

+kLed abriu nos Rosales en xuño de 2013, despois dunha experiencia anterior en Fene iniciada en 2009. A iluminación LED e o aforro enerxético estiveron na orixe do proxecto; as necesidades da veciñanza levaron a ampliar a oferta á ferretería e ao fogar.

Estamos na rúa Manuel Azaña, no barrio dos Rosales da Coruña. Achégate, mira o escaparate e pregúntanos polo que necesitas.

Como chegar á tenda

Que podes atopar

De todo un pouco. Para moitas cousas.

Luz e electricidade

Bombillería, iluminación e material eléctrico para a túa casa.

Ferretería e bricolaxe

Ferramentas, ferretería e fontanería para os teus proxectos.

Fogar e electrodomésticos

Artigos domésticos, pequeno electrodoméstico, ventilación e calefacción.

Buscas algo concreto?

Tamén ofrecemos fornos, televisións, vitrocerámicas e campás por catálogo. Pregúntanos polas opcións.

Consultar por WhatsApp

Falamos?

Cóntanos que necesitas.

Se tes unha dúbida sobre un produto ou un servizo, estamos ao outro lado.